A requinta, parente da frauta traveseira, asentouse no val d’A Ulla para facer grata combinación coa gaita de fol. Fabricada habitualmente en buxo acada unha sonoridade aguda e a un tempo alegre.

requinta
sábados 12.00 h
2 horas cada 2 semanas
32

Luis Bolón

32
Aos seus vintedous anos de idade, Luis atesoura un currículum brillante. Posúe os graos profesionais en gaita galega e en trompa. Formouse en percusión, gaita e zanfona cos músicos Xosé Lois Romero e Suso Vaamonde. Ten actuado como solista coas Bandas de Música de Sada e Sementeira. Actualmente, é mestre de gaita e percusión na Escola de Música Sementeira de Cambre e agora tamén nas Escolas da Terra. Combina estes labores cos seus estudos no Conservatorio Superior da Coruña.