Din que nas orixes da música o ritmo foi primeiro e logo veu a melodía. Sexa como for, a percusión xoga un papel esencial tamén no folclore, tanto no acompañamento da voz como dos instrumentos.

Así, nas Escolas da Terra apostamos por ensinar a enorme variedade rítmica e instrumental presente ao largo da nosa xeografía. Do mesmo xeito gostamos de que descubrades aqueles recursos técnicos interpretativos e tamén de posta a punto dos instrumentos. Toda unha viaxe polo universo dos sentidos!

Luis Bolón Ricardo M. Casás
percusión tradicional O Bater da Terra
sábados 10.00 h martes 19.00 h
2 horas cada 2 semanas
32

Luis Bolón

32
Aos seus vintedous anos de idade, Luis atesoura un currículum brillante. Posúe os graos profesionais en gaita galega e en trompa. Formouse en percusión, gaita e zanfona cos músicos Xosé Lois Romero e Suso Vaamonde. Ten actuado como solista coas Bandas de Música de Sada e Sementeira. Actualmente, é mestre de gaita e percusión na Escola de Música Sementeira de Cambre e agora tamén nas Escolas da Terra. Combina estes labores cos seus estudos no Conservatorio Superior da Coruña.

Ricardo M. Casás

32
Ricardo Marcos “Richi” estudou música clásica e jazz no Conservatorio Superior de Música da Coruña. O seu traballo fin de carreira baseouse nas recollas que Dorothé Schubart fixo a súa avoa e tía, cantoras de Cerceda.

O seus inicios na música tradicional están presentes desde pequeno da man da súa avoa Rosa da Vila da Igrexa. Actualmente participa en grupos de diversos estilos, como Os tres trebóns, Dubida-band e proxecto Fuliada na Vila.

Ten impartido cursos por todo o País sobre a construción de pandeiros con materiais “veganos” e sobre o toque deste instrumento. Precisamente, no Bater da Terra propónnos un obradoiro de percusión creativa onde se preparen pezas de repertorio galego con instrumentos de percusión tradicional e outros máis modernos, sempre coas aportacións e a participación do alumnado.