En Cántigas gostamos de aprender cousas novas a cotío. Debullamos a nosa tradición musical para enriquecer a vosa experiencia nas Escolas da Terra.

Entre as novidades que vos propoñemos hai obradoiros de todo tipo: construción de instrumentos, novos bailes, repertorio inédito dos mellores gaiteiros, iniciarse ou perfeccionar a lectura musical…

E sempre cos mellores mestres do momento!
Ademais, sabemos que as actividades promoven espazos de encontro, de coñecer xente nova, de diversión compartida. Por iso en Cántigas organizamos outra millenta de eventos ao longo do curso como proxeccións, charlas, visitas guiadas, excursións… Nesta sección e no blogue iremos dando conta de todo isto e moito máis!

Estade á espreita!