Que ben se pasa sendo ghaiteiro! En todas as festas a nosa música enche o peito de alegría. Onde haxa unha gaita non cabe pena ningunha. Nas Escolas da Terra queremos transmitirvos este abano de sensacións cun repertorio que abrangue os mellores grupos do País.

E queremos máis! Imaxina que polo medio botas unhas foliadas cos amigos que te arrodean. Eses intres son inesquecibles!

Gaita I Gaita II Gaita III
xoves 17.30 h xoves 18.30 h xoves 19.30 h

Alexandre Ruiz

Iníciase no mundo da gaita da man dos mestres Leonardo Corral, Xosé Casal e Ricardo Santos, tocando en formacións como Os Gaiteiriños (A Coruña), Gaiteiros da Ponte Vella (Ourense), Os Viqueiras (Ordes) ou Cántigas da Terra. Ten realizado cursos de gaita escocesa, de fabricación de palletas e de gaita na técnica de pechado. Acada varios premios para cuarteto en Ponteareas, Cerdido e Padrón.

Comeza a estudar linguaxe musical con Isolino Otero da Banda Militar da Coruña e na actualidade realiza o grao profesional de gaita no Conservatorio de Carballo. Tamén completa a súa formación con aulas de requinta e clarinete.

Dirixe o Coro Arumes da Fraga e o grupo de gaitas da A.C. Semente Nova e ademais co-dirixe o da A.VV. Santaia de Santa Cruz

Coordina os gaiteiros no Coro Galego Cántigas da Terra.