Sempre che prestou cantar? Centos de pandeiradas, maneos e foliadas fan do noso folclore un dos máis ricos. Cantigueando é a mellor combinación de aprendizaxe e festa para mergullarse no amplo repertorio de pezas cantadas.

Cantigueando
mércores 19.30 h
32

Antón F. Riveiro

32
Inicia a súa andaina como mestre de baile en 1980 na agrupación Os Gaiteiriños, labor que continúa hoxe en aulas de pandeireta. Exerce de monitor de Danza Tradicional na Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas no Exterior da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia entre 1988 e 1989. Tamén nos oitenta dirixe o grupo Ecos do Mero, continuando até a actualidade. Dirixe a Coral de Cecebre de 1998 a 2003. É director do Coro Galego Santa Comba de Veigue desde 1990 e do grupo Dorna de Dorneda desde 2005.

Corista e mestre nas Escolas desde 1990.