Di o refrán que toda a terra é país. Isto é, compartimos unha cultura autóctona que se respira a cada recuncho da nosa xeografía. Tal é o caso, en Cántigas temos pezas con topónimos de infinidade vilas e aldeas. Se aínda non coñeces a foliada, pandeirada ou alalá que leva o nome do teu lugar, vén ás Escolas da Terra e aprenderémoscho!


O canto (e en particular o canto con gaita) é parte esencial da nosa cultura. Por iso, en calquera materia que vos anotedes, ademais dos contidos propios, iremos aprendendo aos poucos algún repertorio vocal.