Un festival… unha foliada… o campo da festa! toca gaiteiro, queremos bailar!

O baile é música en imaxes. A través do corpo alegramos, sorprendemos, namoramos e, sobre todo, botamos o xenio fóra! Non hai festa sen baile nin hai baile sen festa!

Nas Escolas da Terra aprenderedes puntos novos para botar nas foliadas e se aínda non bailas queremos que comeces con bo pé :-)

Jose Luis V. Rosales Belén Gómez Jose Luis V. Rosales
baile xove baile baile
venres 19.00 h martes 18.30 h venres 20.30 h
32

Jose Luis Vázquez Rosales

Iníciase no baile aos catro anos en Xacarandaina. Desde os quince aos trinta forma parte do Grupo de Música e Baile Tradicional nesta asociación. No 2006 realiza un traballo de investigación sobre o folclore galego para a Fundación SonDeSeu. Ten impartido clase de baile en distintos centros galegos como o de Castellón, Barcelona ou París.

Actualmente é mestre de baile no Grupo de Baile e Gaita Santaia de Santa Cruz (Oleiros) e en centros de ensino da comarca.

Belén Gómez

Iníciase no Grupo de Baile de Almeiras á idade de oito anos. Ensina baile no colexio de Oseiro (Arteixo) durante tres anos. Actualmente é mestra no colexio da Sagrada Familia e dirixe o baile na Agrupación Folclórica Ancoradoira. É membro do corpo de baile de Cántigas da Terra desde hai dezaseis anos.